Galego

Manifesto de apoio para as mobilizacións pola democracia desde as Universidades e os centros de investigación


As abaixo asinantes, como persoas pertencentes ao PDI (Persoal Docente e Investigador), ao PAS (Persoal de Administración e Servizo), e o alumnado de universidades e de centros de investigación, apoian as mobilizacións que se están a ocorrer no estado español:

Desde o día 15 de Maio milleiros de persoas (principalmente xoves) tomaron as rúas e as prazas do noso país pedindo máis democracia e menos mercado. Moita xente indignámonos e estámolo a demostrar na rúa. Cumpriuse un sono de tantos que fican por cumprir, e se non nos deixan soñar, non imos deixalos durmir.

Moitas persoas da universidade estamos a participar activamente neste movemento que está a xurdir con moita forza.

Malia a resistencia dos medios de comunicación, das Xuntas Electorais e da policía (ou talvez por causa deles), as concentracións, as posteriores acampadas e as redes de transmisión en facultades, centros de traballo, vilas e barrios, van acontecer, polo menos, até o domingo 22 de Maio.

Agardamos que este movemento continúe e comprometémonos a promover a democratización tamén desde e nas nosas Universidades.

Finalmente, con este chamamento queremos incentivar a todo o mundo a que contribúa con todas as súas forzas a construír este movemento, para a construción de máis democracia e o fin da ditadura dos mercados.